Leiro, en 3ª lugar no ranking turístico provincial

24 de Outubro de 2006

Fonte: Anuario Económico de La Caixa

Segundo o Anuario Económico de La Caixa, o concello de Leiro aparece na terceira posición do ranking ourensán relativo ao “Indice Turístico”.

Este índice obtense en función da cuota ou imposto de actividades económicas correspondente as actividades turísticas, baseado, a súa vez, na categoría dos establecimentos turísticos, número de habitacións e ocupación anual, polo que é usado frecuentemente como un indicador da oferta turística.

É de agardar, que a próxima apertura do Balneario de Berán e o potenciamento do turismo enolóxico que está a levar a cabo o concello consigan situarnos na segunda posición deste “ranking” superando ao vecino concello do Carballiño.

O balneario de Berán abrirá na primavera do 2007

26 de Setembro de 2006

O director xeral de Turismo, Rubén Lois, confirmou que o Balneario de Berán comenzará a funcionar "a principios da primavera de 2007", unha vez estexan solucionados os seus accesos e o suministro de electricidade.

En respuesta a unha pregunta da deputada socialista Laura Seara, Rubén Lois confirmou que as instalacións "xa están terminadas", pero fican por completar os accesos e darlle suministro eléctrico, algo que espera que esté rematado "en tres meses, cara a finais de ano".

O máximo responsabel de Turismo tambén confirmou que a xestión do balneario será a través dunha concesión administrativa, e que se terá en conta o número de empregos que se cren tanto como a oferta económica. O fin é converter a provincia de Ourense nun referente no ámbito do termalisto, non só no estado senon a nível mundial.

© 2006 Concello de Leiro